Tag: inundacións
A Xunta investirá nas obras para minimizar o risco de inundación do río Viladesuso en Oia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou que os Orzamentos da Xunta para 2022, que foron entregados ao Parlamento de Galicia, recollen un investimento de 375.000 euros para executar as obras necesarias para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso, ao seu paso polo concello de Oia.
A Xunta sela con Gondomar e Baiona acordos para reducir o risco de inundacións
A Xunta selou cos Concellos de Gondomar e de Baiona os acordos para investir 3,25 millóns de euros na redución do risco de inundacións nestes dous municipios e pídelle ao Concello de Vigo que recapacite e coopere co Goberno galego asinando o convenio correspondente para minimizar o risco e as consecuencias das inundacións no río Lagares.
Protección Civil, Policía Local e Bombeiros atenderon diversas inundacións
O desbordamento do río Louro en varios puntos ao longo do termo municipal, así como os problemas na rede de pluviais, causados polas fortes choivas caídas entre onte e esta mañá, provocaron varias inundacións.
A Xunta inviste 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor en Gondomar
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou un investimento da Xunta de 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor, en Gondomar.
Activado o Plan Especial por Risco de Inundacións debido ao aumento do caudal do Río Tea en Mondariz
A Xunta de Galicia, tendo en conta a análise dos parámetros meteorolóxicos e hidrolóxicos dos sistemas de observación e control da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, vén de activar o Plan Especial de Riscos de Inundacións de Galicia por posibles aumentos no caudal do Río Tea en Mondariz, Pontevedra.