Tag: horta
O Concello de Nigrán creará unha nova horta comunitaria
O Concello de Nigrán inicia este mércores a súa andaina para contar cun segundo horto urbano comunitario no parque Vázquez Grela (Nigrán) da man da cooperativa local 'SomosTerra' (encargada tamén de dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán promovidos desde o Consistorio).
O Rosal acollerá un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro xoves, 7 de outubro, no concello do Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica.
Areeiro segue alertando sobre os patóxenos favorecidos pola humidade en froiteiras e plantas hortícolas
Despois das recomendacións desta semana sobre as viñas, a Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario relativo a diferentes froiteiras e plantas hortícolas. Principalmente os avisos e recomendacións que traslada a institución provincial, afectan a kiwis, maceiras, marmeleiros, froiteiras de óso, cítricos, plantas de horta, buxos e camelias.