14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: fondos europeos

    Luis Piña visita o parlamento europeo

    Nunha viaxe xunto a outros compañeiros alcaldes e portavoces de tres días para coñecer en primeira persoa cómo afectan as medidas de Europa á vida e desenvolvemento da Cañiza e tamén para lograr máis fondos europeos para o noso Municipio.

    A Deputación informa aos concellos sobre a normativa europea antifraude para a xestión dos fondos ‘next generation’

    Nun escenario no que os fondos europeos Next Generation están comezando a ser concedidos aos concellos da provincia para financiar programas relacionados coa economía sustentable, a través do turismo, o medio ambiente e o transporte, a Deputación organizou un curso sobre “Elaboración de programas de integridade e plans antifraude nas entidades locais”.

    A Deputación cualifica de “obrigada” a rectificación de Feijóo sobre o consello da nova sociedade de Fondos Europeos: “haberá mulleres”

    Cando as mulleres denuncian comportamentos nos que non se conta coa metade da poboación e co seu talento non queda outra que rectificar. Desta forma, a Deputación de Pontevedra analizou nas últimas horas a “obrigada marcha atrás” da Xunta de Galicia, cuxo presidente, Núñez Feijoo, tivo que anunciar que finalmente haberá mulleres no Consello de Administración da nova sociedade creada para impulsar proxectos estratéxicos no marco dos Fondos Europeos Next Generation.

    O GDR Condado Paradanta impulsa novas axudas para o desenvolvemento da comarca

    A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta continúa traballando no seu propósito de impulsar accións que axuden á posta en valor dos recursos da comarca, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxías entre persoas. Neste marco, unha das funcións do GDR é a de xestión de fondos, a través do Programa LEADER, orientados ao desenvolvemento socioeconómico da contorna e, neste senso, informa da apertura de convocatoria de axudas do fondo Leader 21-22, para a cal permanece aberto o prazo ata o día 3 de xuño.

    Redondela executará ata o final de mandato proxectos por preto de 5 millóns de euros coa axuda dos fondos europeos

    O Concello de Redondela investirá ata final deste mandato, preto de cinco millóns de euros en distintas actuacións desenvolvidas ao abeiro da Estratexia DUSI, un programa que comezou no 2016 e que busca implementar accións que convertan Redondela nunha cidade amable, conectada e competitiva, tomando o patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixe vertebrador da actividade económica, tanto no propio modelo de desenvolvemento sustentable da cidade como modelo de intervención do espazo público.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.