13.1 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis

    Tag: folclore

    O festival ‘Algazara Danzando entre Culturas’ volve a Ponteareas o vindeiro 19 de setembro

    Os ritmos folclóricos internacionais volverán resoar en Ponteareas este mes. O vindeiro domingo día 19 de setembro o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival 'Algazara Danzando entre Culturas', que organiza a Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros xunto a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas. O evento tivo que ser suspendido pola chuvia en agosto, pero mantén todas as actuacións programadas.

    O folclore internacional volve a Ponteareas no festival “Algazara Danzando entre Culturas”

    Os ritmos internacionais volverán a resoar en Ponteareas como cada verán dende 2015. O próximo domingo día 1 de agosto ás 22.00 horas o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival “Algazara Danzando entre Culturas”.

    O torreiro de Celeiros, Ponteareas, acolle a actuación da Agrupación Folclórica Algazara

    A agrupación folclórica Algazara actuará no torreiro de Celeiros hoxe sábado día 1 ás 20 horas dentro da programación de Cultura 24, unha iniciativa que posibilita unha programación estable ao longo de todo o ano nas casas e centros culturais das parroquias.

    Irlanda e Senegal compartirán escenario en Ponteareas nunha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’

    A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros veñen de presentar unha nova edición de 'Algazara Danzando entre Culturas' que terá lugar o domingo día 2 partir das 22 horas no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello ponteareán.

    Encontro do folclore arxentino no multiúsos do auditorio de Ponteareas

    A cantora Casiana Torres, unha das máximas exponentes do folklore arxentino, chega a Europa desde Tierra del Fuego, ao sur da Patagonia, para presentar o seu último traballo, Al corazón de la tierra, xunto co seu guitarrista e productor, Martín Castro.

    O «XXVI Encontro dos Pobos» achega á Guarda a música e floclore de Polonia, Austria e Galicia

    «Encontro entre pobos», o festival folclórico internacional máis veterano da Comarca do Baixo Miño chega un ano mais, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo no Rosal o xoves 25 de Xullo; en Tomiño o venres 26 de Xullo; na Guarda o sábado 27 de Xullo e...

    México, Serbia e Guinea Bissau, protagonistas da «XX Noite Internacional do Miño» de Tui

    O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21:30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.