Tag: escolas
O Concello rehabilita as Escolas de Torroña para usos socioculturais
O Concello de Oia vén de acometer diversas obras de mellora e rehabilitación do inmoble das antigas Escolas de Torroña, unha actuación que supuxo diversos traballos de renovación de materiais, intervencións en materia de accesibilidade e dotación de equipamentos para usos socioculturais.
A Xunta abre o prazo para a reserva de praza en centros educativos adscritos no curso 2021/2022
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre hoxe o prazo de reserva de praza para o alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa).
A Consellería de Educación realiza melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio de Tui
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de realizar diversas melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio, ambos na localidade de Tui, para incrementar a súa confortabilidade coincidindo co comezo do segundo trimestre do presente curso grazas a un investimento de case 91.000€.
O Goberno local reforza as medidas de seguridade do alumnado de Redondela nas entradas e saídas dos centros escolares
Co inicio do curso no ensino secundario, o Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha serie de medidas tendentes a garantir a seguridade dos alumnos e alumnas á entrada e saída dos centros escolares. A maiores, establecéronse disposicións complementarias para os centros de ensino infantil e primaria de cara a evitar aglomeracións de alumnado tanto no acceso como saída dos colexios.