Coincidindo co inicio das clases deste curso escolar 2021-2022, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, achegouse ata os centros de ensino do Municipio para supervisar os traballos de mantemento realizados polo Concello nestas instalacións durante este verán.
No referente á crise de saúde xerada pola Covid-19, o alcalde quixo enviar a toda a comunidade escolar unha mensaxe de normalidade xa que polo de agora están garantidos todos os protocolos e medidas sanitarias.
Por outra banda, neste curso escolar, segundo se recolle no DOGA 104 do 04/06/21, os períodos vacacionais quedan establecidos en:
- Nadal (desde o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive).
- Entroido (os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2022).
- Semana Santa (desde o 11 ata o 18 de abril ambos inclusive).
- Non serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma.
- Tampouco o Día do Ensino, que se celebrará o 11 de outubro de 2021, polo que será non lectivo a efectos académicos.
- Ademais, instáurase como novidade por primeira vez neste curso a celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 2022.