Tag: eólicas
Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha da Coordinadora ‘Eólica Así Non’
A Coordinadora 'Eólica Así Non' acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño.
O Monte Veciñal de Covelo rexeita a construción do parque eólico da Telleira
A asemblea xeral do Monte Veciñal de Santiago de Covelo (concello de Covelo) acordou por unanimidade rexeitar a instalación na súa propiedade do parque eólico da Telleira, promovido polo grupo empresarial Adelanta.
A concentración “Eólica así non” foi todo un éxito, sobre todo en Gondomar
O pasado sábado, 11 de decembro, Galicia mobilizouse masivamente a prol das montañas e do rural galego e en contra da actual invasión eólica que ameaza o territorio.
O BNG denuncia a “opacidade” da Xunta sobre os proxectos eólicos en Redondela e Pazos de Borbén
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a continua opacidade que rodea os proxectos de parques eólicos que a Xunta planea sobre terreos dos concellos de Redondela e Pazos de Borbén. A forza nacionalista realizou un encontro informativo este domingo na parroquia de Reboreda para trasladar á veciñanza o risco de que se instalen muíños na contorna que poden alcanzar o dobre de altura dos construídos ata o momento.
Centos de persoas rexeitan a construción dun parque eólico no San Nomedio, nas Neves
Centos de veciños das Neves, representantes das comunidades de montes de Santiago de Ribarteme, Rubiós, Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns e o Goberno local ao completo, achegáronse este sábado ata o miradoiro de San Nomedio para amosar o rexeitamento ao proxecto do parque eólico que, baixo o nome de 'Coto de Lobos', pretende instalarse neste enclave único da vila.