Tag: carvalho calero
Xunta e ‘Renfe Viajeros’ homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións das sete cidades galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta semana a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e 'Renfe Viajeros' para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro. Así, a través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes.
O CPI ‘Suárez Marquier’ do Rosal e o CEIP ‘Mestre Manuel García’ de Oia, entre os gañadores do II Concurso de Poadcasts-Radio na Bibio
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a relación dos centros premiados no II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que acadaron un total de 7 centros educativos de toda Galicia cos traballos realizados nos seus laboratorios radiofónicos. Entre os galardoados atópanse o CPI 'Suárez Marquier' do...
Redondela celebra o Día das Letras Galegas con distintas iniciativas a través das redes sociais
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de anunciar a posta en marcha distintas propostas coa finalidade de celebrar a Semana das Letras Galegas. As iniciativas desenvolveránse través das redes sociais de cara a afondar sobre a figura do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, a pesar das restricións que impón a actual situación de crise sanitaria da COVID-19.
Tomiño convida a Margarita Ledo e a Méndez Ferrín a colaborar na conmemoración do Día das Letras Galegas
O Concello de Tomiño convidou a Margarita Ledo e Xosé Luís Méndez Ferrín, dous grandes persoeiros da lingua e cultura galegas, a gravar unha mensaxe de vídeo coa que conmemorar dun xeito moi especial as Letras Galegas 2020.
Nigrán festexa as Letras Galegas lembrando a Carvalho Calero cunha postal e bolsa de agasallo ao pequeno comercio
O Concello de Nigrán festexará o Día das Letras Galegas este ano recordando a figura de Ricardo Carvalho Calero a través das librerías do municipio e o pequeno comercio. Pese as circunstancias derivadas do Covid-19 que obrigaron a trocar as datas de homenaxe oficial ao autor, o Concello de Nigrán quere celebrar a súa figura neste 17 de Maio que a el lle correspondería.