Tag: bicicleta
Un mozo foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao caer dunha bicicleta en Ponteareas
Un mozo resultou ferido de consideración esta onte pola mañá nunha zona de monte de Ponteareas despois de caer da bicicleta que manexaba, no lugar de Ganade. O 112 Galicia recibiu a alerta da situación do home ás 10:00 horas, a través dun compañeiro do ferido.
Tomiño acollerá este domingo a primeira proba BTT “Terras de Tomiño e Florentiña”
Tomiño acollerá a proba de ciclismo de montaña I BTT Terras de Tomiño e Florentiña, de nova creación, que percorrerá boa parte do territorio municipal o vindeiro domingo 21 de marzo. O evento foi presentado onte no Concello de Tomiño por varios membros da organización, acompañados pola alcaldesa Sandra González e o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.
A Deputación estréase na Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta
A Deputación de Pontevedra vén de participar por primeira vez como membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB), que se reuniu de maneira online para afrontar os temas máis importantes nos que traballar para os próximos meses.
A Deputación incorpórase á rede ‘Cidades pola bicicleta’ como membro da xunta directiva
A Rede de Cidades pola Bicicleta deu hoxe a benvida á Deputación de Pontevedra nun acto telemático no que se anunciou que a institución provincial pasará a ser membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Asociación e, por tanto, terá poder de decisión á hora de poñer en marcha iniciativas, campañas e publicacións.
Instalados na praza do Mercado Municipal e Auditorio os primeiros aparcabicicletas do centro urbano de Ponteareas
Os primeiros aparcabicicletas do centro urbano de Ponteareas foron instalados o pasado venres na nova praza recentemente creada coas obras de humanización realizadas entre o Mercado Municipal e o Auditorio Reveriano Soutullo. Trátase de seis elementos para o estacionamento de bicicletas, tres situados no entronque coa rúa A Estrada e outros tres coa rúa Morales Hidalgo.
O programa Tic Emprendes da Deputación chega a Oia para impulsar a formación de “Guías de itinerarios en bicicleta”
O Concello de Oia acollerá unha das 26 accións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en toda a provincia no marco do programa de inserción laboral Tic Emprendes. A actividade profesional elixida neste municipio, de acordo coas necesidades expresadas nunha enquisa entre a poboación obxectivo, é a de guía profesional para itinerarios en bicicleta, polo que as persoas participantes obterán a formación e a capacitación necesarias para desempeñala.