19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: bacharelato de artes

    O Concello cualifica de “ridículo” o prazo de prematrícula aberto para o Bacharelato de Artes de Redondela

    O Concello e a Federación de ANPAS solicitaron este luns unha reunión urxente co conselleiro, da que aínda nin tan sequera recibiu resposta, ante “a política de improvisación” que está a desenvolver Educación sobre un tema “de capital importancia para a mocidade de Redondela e concellos limítrofes”.

    O Concello acolle “con moitas reservas” o anuncio da implantación do Bacharelato de Artes en Redondela

    O Concello de Redondela vén de acoller “con reservas e escepticismo” o anuncio realizado pola Xunta de Galicia sobre a implantación do Bacharelato de Artes no municipio para o vindeiro curso.

    A Federación de ANPAS de Redondela acusa á Xunta de “mentir e marxinar ás familias” no Bacharelato de Arte

    A Federación de ANPAS de Redondela vén de acusar á Xunta de Galicia de "ignorar a centos de familias e mentir no que fai referencia a dotar ao municipio dun Bacharelato de Arte". A Federación lembra que representa a 13 ANPAS de centros públicos de ensino de Pazos de Borbén e Redondela "dato significativo, porque ignora á Federación de ANPAS de Redondela, está a ignorar a centos de familiasde Redondela e Pazos de Borbén"

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.