4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA biblioteca 'Xela Arias' organiza no Multiúsos de Chapela un contacontos para...

    A biblioteca ‘Xela Arias’ organiza no Multiúsos de Chapela un contacontos para festexar a volta a escola

    A biblioteca ‘Xela Arias’ de Chapela, Redondela, festexa a volta á escola ofrecendo un contacontos para os máis cativos: Levántate Xan!, unha proposta de narración oral do xenial artista Caxoto.

    A actividade pensada para cativos e cativas de entre 18 meses e 4 anos, acompañados das súas familias, desenvolverase o xoves 16 de setembro, ás 18.00 h, no auditorio do Multiúsos de Chapela.

    A inscrición previa pode realizarse na biblioteca Xela Arias, no teléfono 986 454 226, ou no enderezo de correo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.