Domingo, 11 Maio de 2025

SmartPeme pecha novembro cun obradoiro de Márketing

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na súa carteira de obradoiros. A acción tratará o tema do Inboud Marketing, unha metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas de márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cun usuario dende que coñece a nosa marca, acompañándoo ata a conversión ou venda final.

Será este martes 29 de novembro, ás 12 da mañá, impartida por Jose Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de vinte anos de experiencia. O obradoiro “Introdución ao Inboud Márketing II” dará a coñecer a importancia do funil de conversión, 5 pasos para realizar unha campaña, ferramentas e tendencias do Inboud Márketing.