6.4 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme ofrece catro novos obradoiros esta semana

    SmartPeme ofrece catro novos obradoiros esta semana

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta catro novas accións formativas para esta semana no marco da súa carteira de obradoiros. Os cursos tratarán temas como a ciberseguridade e o uso da VPN, análise de datos para o desenvolvemento dun negocio ou sobre o emprego da intelixencia artificial para a mellora e creación de imaxes.

    Hoxe luns 16 de outubro, ás 10:30, terá lugar “Ciberseguridade, uso da VPN”. O curso, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire, ten como obxectivo  fomentar a utilización da VPN dando a coñecer os seus beneficios e o seu funcionamento. No taller telemático abordarase o seu uso, cales son as opcións gratuítas e como se configura.

    O martes 17, de 12:00 a 13:00 horas, con “Data Driven Marketing, mellora o teu negocio en base aos datos” as persoas que participen aprenderán sobre a importancia da análise dixital e de como mellorar o SEO, SEM, redes sociais, deseño e copywriting a través dos datos para desenvolver o negocio. O taller será dirixido por Esther Garcinuño, docente con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

    Para o mércores 18, de 12:00 a 13:00, está previsto o taller sobre intelixencia artificial: “IA de imaxes, sácalles o potencial”. Lara Taboada, titulada superior en Ensinanzas Artísticas de Deseño Gráfico, con experiencia na fotografía de produto e composición fotográfica creativa, será a encargada de impartilo.

    As accións formativas desta semana rematan o xoves 19 coa cuarta sesión formativa online sobre intelixencia artificial “ChatGPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento -IV” de 12:00 a 13:00 horas. Esta sesión inaugura o bloque de contidos sobre Stable Diffusion.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.