12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaOs comercios da primeira aceleradora da Deputación lánzanse ao comercio electrónico e...

    Os comercios da primeira aceleradora da Deputación lánzanse ao comercio electrónico e amosan o seu producto no ‘showroom’ de clausura

    “As TIC non son o futuro, son o presente e por iso puxemos en marcha esta Aceleradora, conscientes de que o comercio afronta un cambio transcendental”

    As oito empresas que completaron a súa transformación dixital da man da primeira Aceleradora de comercio do programa SmartPeme da Deputación participaron onte no showroom de clausura na sede institucional de Vigo no que deron a coñecer os seus produtos e recibiron a felicitación da presidenta provincial. Carmela Silva, acompañada da deputada Ana Mejías, admitiu estar emocionada diante da constatación de que hai “persoas que se atreven a converter os seus soños en proxectos emprendedores que dinamizan a economía e crean emprego”. Lembrou que a Deputación creou hai tres anos a súa Aceleradora de Turismo para apoiar a este sector, “pero este ano eramos conscientes de que hai outro sector económico que está nun cambio transcendental, que é o comercio, un cambio que esta pandemia fixo aínda máis visible”.

    Na presentación do showroom, Silva enxalzou o “lado humano” que hai tras cada proxecto, así como a diversificación territorial que evidencian estas 8 empresas, radicadas en diferentes comarcas da provincia, demostrando que as ferramentas dixitais axudan a que a economía descanse sobre contornas rurais. A presidenta subliñou que “vivimos un momento no que o mundo está cambiando” e que a pandemia de covid19 obriga a entender o modelo económico dun xeito distinto, respectando o medio ambiente “e prestando moita atención ás demandas dunha sociedade que comeza a entender que o ser humano leva moito tempo facendo as cousas mal”. Neste senso, recalcou que “as TIC non son o futuro, son o presente, e sen elas é imposible competir”. Despois dunha conversa informal con cada un das/os empresarias/os (6 mulleres e 4 homes) que completaron a transformación dixital da man de SmartPeme, aplaudiu que tiveran a visión de  detectar “que algo faltaba no equilibrio oferta-demanda” e agradeceulles o esforzo que significou sumarse á Aceleradora de Comercio “dedicándolle tempo e esforzo”. “Deséxovos que vos vaia marabillosamente ben porque o merecedes”, concluíu.

    As 8 firmas inicialmente seleccionadas están desde onte en disposición de competir na contorna dixital a través de estratexias singularizadas de e-commerce. As empresas beneficiarias son “Tipi Fiestas Galicia” (Patricia Iglesias), radicada en Nigrán, que se dedica aos eventos con ambientación temática baseada nos tipis indios.   “Blaurtopías” (Laura Curráis), establecida en Vigo, que se dedica á venda online de obxectos de artesanía. “Broderie” (Laura Bea), de Ponteareas, centrada na creación de produtos destinados aos máis cativos e feitos a man. “Infusiónate” (David Novas), de Lalín, que aposta pola venda de tes e infusións a granel. “Comercial Limeres” (Federico Limeres), de Pontevedra, un negocio tradicional de venda e reparación de lámpadas disposto a explotar o nicho da decoración vintage, moderna ou tradicional. “SS3 Professional” (Rubén Álvarez), de Mos, especializado na comercialización de deterxentes biodegradables e ecolóxicos, así como produtos desinfectantes contra a covid19 e máscaras. “Tamerlán” (Fernando Iglesias), de Vigo, que ofrece limpeza e restauración de alfombras a través de procesos tecnolóxicos innovadores. Finalmente,  “Foodies and travellers” (Montserrat González), de Mos, centrada no turismo gastronómico para promocionar a empresas de alimentación e de bebidas españolas, tanto no mercado español como no estranxeiro. A súa estratexia pasa tamén por agrupar tenda e motor de reserva nun só sitio web.

    As empresas dispoñen agora de modernas ferramentas sobre comercio electrónico. Durante a mentorización a cargo do equipo de asesoras/es de SmartPeme, desenvolvida entre xuño e setembro pasados, foron guiadas sobre a posta en marcha e xestión de tendas online, pasarelas de pago e venda de produtos con recursos tecnolóxicos, así como comercialización a través de Facebook e Instagram. Traballouse especificamente a creación ou redeseño dos portais web dos comercios, o apoio nas Redes Sociais, imaxe dixital e competitividade empresarial nesta contorna. O traballo incluíu sesións grupais, pero tamén un desenvolvemento individualizado en función dos obxectivos de cada unha das firmas. Segundo o Instituto Galego de Estatística, un total de 10.845 empresas de comercio minorista operan na provincia de Pontevedra, o que supón un 13% do total do tecido empresarial da provincia. Este peso relativo é aínda maior dentro da rede empresarial SmartPeme da Deputación de Pontevedra, dado que o 21% sobre un total de 2.852 empresas adheridas, corresponde a este subsector.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.