11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: teleasistencia

    Máis de 750 persoas de 45 concellos beneficiáronse do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación

    O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, que a Deputación de Pontevedra presta na actualidade en 45 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cos que existe convenio, atendeu este 2022 a un total de 766 persoas usuarias, que cualificaron a atención recibida cunha nota de sobresaínte. Este programa, que ofrece resposta inmediata ás situacións de emerxencia no fogar para persoas que viven soas, son de idade avanzada, teñen algún tipo de diversidade funcional ou precisan atención continuada, funciona as 24 horas do día os 365 días do ano.

    A Deputación redobra esforzos para mellorar as condicións dos usuarios da teleasistencia domiciliaria

    A Deputación de Pontevedra dá un paso máis na súa política social ao aprobar hoxe en Xunta de Goberno unha addenda ao convenio con 46 concellos de menos de 20.000 habitantes para prestar o servizo de teleasistencia domiciliaria.

    O Servizo de Teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante o estado de alarma

    O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas dende o comezo do Estado de Alarma. Trátase dun servizo máis esencial que nunca e que se viu reforzado, debido á situación derivada polo Covid-19, para prestarlle especial atención ás máis de 650 persoas beneficiarias de 46 concellos da provincia.

    A deputada Olga García participa nunha actividade musical para persoas usuarias de teleasistencia

    A deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, acompañada polos concelleiros do Porriño, David Alonso e Sergio Casal, asistiu a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. A iniciativa, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolveuse no Pavillón Municipal porriñés.

    Actividade musical no Porriño para persoas usuarias do servizo de teleasistencia da Deputación

    O Pavillón Municipal de Deportes do Porriño (rúa Donantes de Sangue s/n) acolle este xoves 7 de novembro ás 12 horas unha nova actividade musical dirixida a usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria dos concellos do Porriño e Mos. O obxectivo principal desta iniciativa, promovida cada ano pola Deputación, é favorecer as capacidades cognitivas das persoas maiores, o contacto social e previr situacións de illamento e soidade a través da música.

    Mondariz acolle actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de Teleasistencia da Deputación

    O Centro Social de Mondariz acolle este próximo mércores, 11 de setembro, ás 17:00 horas unha nova actividade sociocultural dirixida á un grupo de máis de 60 persoas usuarias e acompañantes do servizo de teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mondariz, A Cañiza, Crecente, Covelo e Mondariz Balneario.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.