19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaCarmela Silva reelixida presidenta do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento

    Carmela Silva reelixida presidenta do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento

    O pleno constitutivo do Consorcio Provincial para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento elixiu hoxe por unanimidade a Carmela Silva presidenta do organismo, cargo que a presidenta da Deputación de Pontevedra xa ostentou nos últimos catro anos. O pleno tamén elixiu como vicepresidente do Consorcio ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, por delegación da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, xa que tal e como prevén os estatutos o cargo corresponde á persoa titular da Consellería con competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

    Na sesión constitutiva tamén tomaron posesión as novas persoas representantes da Deputación de Pontevedra, neste caso, os deputados Carlos Font e Santos Héctor Rodríguez, mentres que pola Xunta de Galicia repite o seu delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e tomará posesión a nova delegada territorial en Vigo, Corina Porro.

    En canto ao funcionamento do pleno e da comisión especial de contas do Consorcio, estableceuse un réxime de sesións ordinarias con periodicidade semestral a celebrar nos meses de abril e outubro, mentres que as sesións extraordinarias ou urxentes rexeranse polo disposto na normativa de réxime local e nos estatutos do consorcio.

    No decurso do pleno tamén deuse conta do inventario do Consorcio, cun valor do inmobilizado material de 4.438.089,92 €, e a acta de arqueo cun saldo en conta a 31.07.2019 de 4.306.870,00 euros, o que pon en valor a boa xestión e de saneamento económico destes últimos catro anos.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS