3.1 C
Pontevedra
Martes, 31 de Xaneiro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaAutoridades da tripla fronteira do Río Uruguai visitan o territorio do Miño

    Autoridades da tripla fronteira do Río Uruguai visitan o territorio do Miño

    O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez recibiu onte pola mañá, no Parador de Tui, ao Comité para o desenvolvemento da tripla fronteira do Río Uruguai – que conecta Uruguai, Arxentina e Brasil -, unha delegación de 15 persoas composta por persoal técnico e representantes de entidades locais dos tres países latinoamericanos para intercambiar experiencias sobre a xestión de fronteiras delimitadas por ríos e coñecer de primeira man o modelo de cooperación do AECT Rio Minho e os proxectos transfronteirizos desenvoltos no territorio.  No acto tamén estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o subdirector do AECT Rio Minho, Rui Pedro Teixeira Ferreira, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o presidente da cámara municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, así como unha ampla representación das alcaldías do territorio.

    Uxío Benítez sinalou que se trata dunha importante oportunidade para intercambiar coñecementos entre dous casos moi semellantes: “vós sodes tres e nós dous países cunha fronteira canalizada por un río pero moitas das problemáticas que afrontamos son as mesmas”. En concreto o deputado explicou que “un gran reto que temos por diante neste neste momento é o de crear un instrumento de gobernanza que realmente xestione en común a fronteira fluvial do río Miño e o seu entorno natural”, un espazo baixo protección ambiental europea que presenta diversas problemáticas ecolóxicas derivadas en moitos casos do seu papel de liña de división entre dous países. “Dende o AECT Rio Minho aspiramos a pór de acordo a todas as institucións e administracións que teñen competencias sectoriais a nivel ambiental para  derivadas do seu rol de fronteira”, anunciou Benítez lamentando que se o río “fose español ou portugués, o Estado ao que lle correspondese xa tería investido para por en marcha un proxecto inversor de saneamento integral” .

    Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou que “o futuro do planeta pasa por ser capaces de poñer en relación a diferentes institucións que están traballando para conseguir que lugares tan importantes como son os ríos sexan lugares de desenvolvemento e de coidado do medio ambiente, e pasa pola suma de sinerxías entre diferentes países en torno aos ríos”. Polo tanto, esta reunión do AECT Rio Minho coa delegación do Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguai responde segundo Silva a “ese novo modelo de ser capaces de ter proxectos comúns que permitan avanzar a través das boas prácticas que se realizan en diferentes lugares”. Ademais, a presidenta destacou que “para a Deputación de Pontevedra é un honor que o Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguai veña visitar, traballar e coñecer como funciona o AECT Rio Minho porque iso significa que estamos a facer un bo traballo e a poñer en marcha iniciativas novidosas que espertan interese en calquera lugar do mundo”.

    Intercambio de experiencias entre fronteiras hídricas

    A iniciativa consiste nunha visita de estudo organizada polo AECT Rio Minho e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e enmárcase dentro do programa de Cooperación Triangular do proxecto Adelante2 da Unión Europea para o fortalecemento da gobernanza transfronteiriza nas concas hídricas, do que forman parte ademais a Autoridade Binacional boliviano-peruana do Lago Titicaca, o Congreso de Intendentes de Uruguai e o Comité de Desenvolvemento desa conca.

    A xornada comezou con diferentes visitas institucionais ás eurocidades do territorio, que continuarán mañá martes, onde a delegación puido coñecer de primeira man os traballos de cooperación desenvoltos do territorio do Rio Minho Transfronteirizo.

    Tras a recepción institucional que se celebrou no Parador de Tui, o programa continuou pola tarde coa celebración dun “Seminario eurolatinoamericano sobre desenvolvemento e gobernanza local nas concas hídricas internacionais” cuxas conclusións e acordos se publicarán hoxe.

    COLABORACIÓNS

    Ponteareas e a filla pródiga: o novo espectáculo do Circo da Dereita

    Aínda que o pareza, non é un déjà vu, non. É real como a vida mesma. A dereita en Ponteareas regresa ao seu pasado, non sabemos se por convicción nostálxica ou, como parece máis evidente, por non atopar nada mellor que ofrecer. Se cadra, en realidade non hai tal regreso a un pasado que esa dereita nunca abandonou, por máis que durante os últimos anos algúns quixeran convencer a Ponteareas, pleno tras pleno e eleccións tras eleccións, de que aquel negro pasado nada tiña que ver con eles nin cun Partido Popular que, reescribindo a nosa historia política, tería nacido en 1998 coa chegada a Ponteareas dun Salvador chamado para redimir, como novo candidato popular, os imperdonabeis pecados orixinais da dereita ponteareán encarnada até ese momento por un alcalde orgulloso do seu pasado franquista.

    María Solar, «A culpa»

    A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato.

    Antón Riveiro Coello, «Días de intemperie»

    A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra.

    Árbol de Navidad relleno de chocolate

    Aunque estas fechas tienen sus dulces típicos, no a todo el mundo le gustan los turrones, polvorones y demás. Lo que casi con seguridad gusta a todo el mundo (y sobre todo a los peques) es el chocolate y este postre une la Navidad y el chocolate de una forma muy muy sencilla.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    77 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS