12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA provincia de Pontevedra volve a superar os seus resultados de ocupación...

    A provincia de Pontevedra volve a superar os seus resultados de ocupación cun 70,4 % en xullo

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que salientan que “seguimos a ter uns resultados extraordinarios cunha media na provincia do 70,4 %, 3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”. Estes datos, ademais, compleméntanse coas valoracións do sector hostaleiro, que sinalan que “o gasto medio por visitante está a aumentar de forma substancial”, o que significa que na provincia de Pontevedra estase a crear “máis economía, máis riqueza e máis beneficio”.

    Por comarcas, como sinalou Carmela Silva, as ocupacións foron as seguintes: no Salnés un 71 % (2,5 % máis que en xullo de 2018) “con dúas localidades que quero salientar polos seus datos superiores: Sanxenxo, cun 82 % , e O Grove cun 79 %. En Pontevedra un 75 % (7 % máis), “cunha chamada especial para a cidade, onde se superou o 82 %, informou a presidenta provincial. No Morrazo un 79 % (2,5 % máis). En Caldas un 77,1 % (levemente inferior ao ano pasado) pero con 100 % de ocupación na primeira quincena de xullo na vila de Caldas “debido á atracción do PortAmérica”, matizou Carmela Silva, “grazas á grande idea que tivo a Deputación de promover os nosos festivais musicais e crear a marca conxunta #FestivaisRíasBaixas, idea que despois foi copiada por outras administracións”.

    No caso da comarca de Vigo, un 76,5 % (4 % máis), con mencións especiais á cidade de Vigo (82 %) e a Baiona (77 %). No Baixo Miño, un 70,2 % (8 % máis). No Condado e A Paradanta un 53,6 % (3 % menos que o ano anterior). En Deza e Tabeirós-Terra de Montes, un 60,7 % (case 13 % máis que o ano pasado). Carmela Silva asegurou que “o sector nos formula que a ocupación dos primeiros 15 días de agosto xa está pechada e son datos importantes para o noso interior” xa que, lembrou, “un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo era aposta polo noso interior e os datos reflicten que a aposta dá moi bos resultados”.

    Na ponte do 25 de xullo, por comarcas, os resultados foron os seguintes: “de media na provincia, un 75,6 %, un dato espectacular”. No Salnés: 85,2 %. En Pontevedra: 84,5 %. No Morrazo: 87,9%. En Caldas: 81,6 %. En Vigo: 81,1 %. No Baixo Miño: 83,7 %. No Condado e A Paradanta: 40,6 %. En Deza e Tabeirós-Terra de Montes: 60,5 %.

    Carmela Silva valorou que “as zonas con maior ocupación son os destinos turísticos por excelencia e que xa están consolidados: Sanxenxo, O Grove, Vigo, Pontevedra e Baiona”. En canto ao perfil, “maioritariamente falamos dun perfil familiar, en torno ás catro persoas, cunha estancia media de oito días e procedencia sobre todo estatal”. O público estatal, informou Carmela Silva, “foi o 85,5 %, principalmente de Madrid, Barcelona, Euskadi, Aragón ou Estremadura”. Pola contra, o turismo estranxeiro supuxo o 14,5 % “sobre todo de Francia, a Alemaña, Portugal, Italia e a Arxentina”.

    En canto aos castelos, durante o mes de xullo achegáronse a eles preto de 4.000 persoas no caso de Soutomaior (3.933 persoas) e outras 1.824 ao de Sobroso. Carmela Silva tamén valorou os datos de mes de xullo nas principais illas, con “Cíes sen prazas durante todo o mes e xa esgotadas ata finais de agosto”, e “30.000 visitas a Ons con 6 días sen prazas”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS