Sábado, 3 Maio de 2025

Seis entidades de Nigrán de «especial interese ou utilidade municipal» terán unha bonificación do 95% no IBI

As agrupacións que se poden beneficiar e que así o solicitaron son A.VV. 'A Camoesa', CCD 'Bolos da Carrasca', A.VV. 'A Unión', CCR 'O Torreiro', A.C. 'As Angustias' e AVCD 'O Castro'

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95 % do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo Goberno de Nigrán no 2016).

Con esta declaración o ‘CRC O Torreiro de Priegue’, ‘Asociación Cultural As Angustias’,‘Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca‘, ‘A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa’, ‘Asociación de Veciños A Camoesa’ e a ‘Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva O Castro’ verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.

“Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.