Sábado, 10 Maio de 2025

O Concello de Nigrán adopta medidas excepcionais como prevención ante o coronavirus

Implanta o teletraballo nos seus servizos esenciais, suspende todas as actividades culturais, deportivas e de envellecemento activo e a Biblioteca como mínimo ata o 1 de abril e reforza o servizo de limpeza

O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública, toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado. Igualmente, aprázanse as actividades previstas para esta fin de semana (voluntariado ambiental en Chandebrito ou o campionato xuvenil de surf en Patos).

Asimesmo, o goberno local tomou xa durante este días todas as medidas necesarias para implantar e favorecer o teletraballo entre o seu persoal e a atención ao público no Concello limítase ao Rexistro facendo unha chamada á responsabilidade pública para manter unha distancia de seguridade que evite calquera posible transmisión.

Asimesmo, e tamén como medida de prevención, queda reforzado o servizo de limpeza nas instalacións municipáis (especialmente en zonas sensibles como pechaduras) e facilítase aos empregados xel hidroalcólico para a limpeza de mans. Desde o goberno local recoméndase á cidadanía que aprace as súas consultas se non son urxentes e que empregue o servizo telefónico ou de cita previa para evitar calquera aglomeración.

O Concello de Nigrán permanecerá atendo ás indicacións das autoridades sanitarias para modificar, ampliar ou cancelar estas medidas de prevención e pide a poboación que atenda a todas as indicacións médicas ou respecto.