Venres, 9 Maio de 2025

Nigrán realiza un reparto adicional de alimentos cárnicos e produtos de limpeza entre 78 familias vulnerables

Na entrega incluíronse 1.020 € en produtos de limpeza e de hixiene e 682 € en carne a base de polo e lombo de porco, todo foi adquirido no pequeño comercio do municipio

O Concello de Nigrán realizou entre onte e hoxe un novo reparto de alimentos adquiridos no pequeno comercio local para paliar os efectos socioeconómicos do Covid-19 en 78 familias do municipio, 57 máis que antes do inicio da crise sanitaria. A achega desta ocasión constou de alimentos cárnicos (491 € en polo enteiro e peitugas e 191 € de lombo de porco mercados a prezo de custe na carnicería Óscar de Panxón) e 1.020 € en produtos de limpeza e hixiene da tenda a granel 4Eco de Nigrán e Chevere de A Ramallosa. Ao atoparnos na Fase 1, que permite maior mobilidade, o reparto realizouse nas propias instalacións muncipáis mediante cita previa e no caso das familias sen medios para desprazarse si se achegou o lote correspondente ao domicilio (durante a fase 0 e os meses anteriores a esta o propio equipo municipal de axuda ante o Covid-19 acudía semanalmente ao 100% dos fogares).

“Este notable incremento de persoas vulnerables obrigou a revolucionar e darlle un xiro ao Banco de Alimentos Municipal ofrecendo compras completas e non só produtos non perecedoiros. Multiplicamos as compras e, afortunadamente, multiplicouse tamén a solidariedade ante a situación de necesidade de moitas familias que quedaron sen emprego ou sen poder continuar o seu negocio”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

A semana pasada o Concello repartíu 6.000 € en todo tipo de produtos conxelados doados polo Grupo Pereira, patacas regaladas pola Asociación de Pataqueiros de Xinzo de Limia e 120 litros de leite da cafetería viguesa Maracaibo, anteriormente ‘Sal y Laurel’, empresa de Nigrán adicada á venda online a domicilio de peixe e marisco, doou 80 kg de cabala fresca; huevos ‘El Rancho’ máis de 2.000 ovos desde o inicio da crise, o colexio de Priegue Ángel de la Guarda con 2.160 briks de leite pequenos, máis de 200 kg de J.A. Blanco Patatas e mesmo doazóns en compras por valor de 1.000 € por parte da Panadería-Confitería La Flor de Nigrán ou varias anónimas por valor total duns 1.000.

“As mostras de solidariedade son infinitas, tanto de persoas a título particular como de empresas, estamos moi agradecidos e moi orgullosos deste Nigrán concienciado que, entre todos, estamos a construír”, finaliza.