Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán cortará o subministro de auga mañá na zona de Lourido e A Ramallosa por obras de mantemento

O horario de interrupción será de 8:30 a 13:00 en toda a contorna de Lourido, Rúa Chans, Escunchadas, Francisca Lago, Manuel Lemos, Torrente Ballester, Altamira, Camiño do Cocho, Ferrador e Cotros

O Concello de Nigrán informa da interrupción do subministro de auga programado para mañá martes 9 de xuño entre 8:30 horas e 13:00 nas contornas de Lourido e A Ramallosa por mor da realización de traballos de mantemento e mellora da rede pública de abastecemento no cruce entre Francisca Lago e Torrente Ballester. Concretamente, veranse afectadas as rúas subida Monte Lourido, Alto Lourido, Lourido Beiramar, Chans, Rúa da Foz, Tobeira, Escunchadas, Francisca Lago, Manuel Lemos, Torrente Balleste, Camiño Altamira, Camiño do Cocho, Rúa Ferrador, Camiño de Cotros de Abaixo e Camiño Cotros de Arriba.

O Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia lamentan as molestias que poida ocasionar o corte e inciden en que se trata de obras de renovación e substitución das válvulas e elementos de calderería no colector xeral de abastecemento de auga e nas bifurcacións que saen do mesmo co obxecto, precisamente, de mellorar o subministro nestes barrios.