Venres, 2 Maio de 2025

Intalarase en Panxón o segundo “Peixe traga-plástico”

"Tratase de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental", incide o rexedor

O Concello de Nigrán instalará esta semana o seu segundo ‘Peixe traga-plástico’ en Panxón, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou tamén o colocado a inicios de mes alí.

A escultura a base de guías metálicas presenta unha abertura onde os bañistas deben depositar calquera refugallo de plástico que atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. O obxectivo é dispor o vindeiro verán de catro en total en toda a praia. O Concello de Nigrán da así un paso máis no seu empeño de concienciar e apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.

Paralelamente, o Concello inslaou novamente este verán en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos o ano pasado con material de refugallo por nenos que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e tamén por usuarios-traballadores do CEE Juan María.