Domingo, 4 Maio de 2025

Concello de Nigrán e IES «Val Miñor» organizan este domingo un roteiro guiado pola Foz

Concello de Nigrán e IES Val Miñor conmemoran este domingo 2 de febreiro o Día Mundial dos Humedais cun roteiro guiado pola Foz do Miñor a cargo do biólogo nigranés Juan J. Hermida a partir das 10:30 horas (punto de encontro no auditorio ao aire libre de A Foz, onde se celebra o Nigranjazz).

A Foz do Miñor, declarada Zona de Especial Conservación (ZEC) e integrada na Red Natura 2000, constitúe un auténtico santuario ornitolóxico que ten a súa oríxe xeolóxica hai 2 millóns de anos. Centos de aves fan escala neste lugar nas súas migracións, polo que é un ecosistema de gran relevancia na sostibilidade do territorio.