11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar súbese ao autobús do Centro Dramático Galego

    Gondomar súbese ao autobús do Centro Dramático Galego

    Cincoenta veciños e veciñas de Gondomar asistirán no Salón Teatro de Santiago a representación do novo espectáculo do Centro Dramático Galego 'Terceiro acto' este sábado 8 de maio

    O Concello de Gondomar vén de abrir a inscrición para que cincoenta persoas poidan asistir á representación, en Santiago, do espectáculo ‘Terceiro Acto’ do Centro Dramático Galego (CDG) que terá lugar este vindeiro sábado, 8 de maio ás 18 horas.

    A inscrición será por rigorosa orde de chegada das solicitudes e o prazo pecharase o día 7 de maio ás 14:00 horas –ou ata cubrir prazas–. A solicitude pode realizarse no Departamento de Cultura na planta baixa da Casa de Cultura de Gondomar de 9:00 a 14:00 e no email cultura@concellodegondomar.gal.

    O transporte cortesia do CDG, será gratuito, e a billeteira do espectáculo terá prezo amigo de 6 € persoa que se pagarán o mesmo sábado.

    ‘Terceiro Acto’

    Dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, reúne un elenco de facianas moi coécidas para o público: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera y Eduardo R. ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

    Actores e actrices intégranse nas personaxes, que son eles mesmos, para compartir co público a súa memoria, os seus soños e as suas emocións nunha viaxe apaixoante ao través das historias dunha parte viva do teatro en Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.