Sábado, 10 Maio de 2025

Gondomar súbese ao autobús do Centro Dramático Galego

Cincoenta veciños e veciñas de Gondomar asistirán no Salón Teatro de Santiago a representación do novo espectáculo do Centro Dramático Galego 'Terceiro acto' este sábado 8 de maio

O Concello de Gondomar vén de abrir a inscrición para que cincoenta persoas poidan asistir á representación, en Santiago, do espectáculo ‘Terceiro Acto’ do Centro Dramático Galego (CDG) que terá lugar este vindeiro sábado, 8 de maio ás 18 horas.

A inscrición será por rigorosa orde de chegada das solicitudes e o prazo pecharase o día 7 de maio ás 14:00 horas –ou ata cubrir prazas–. A solicitude pode realizarse no Departamento de Cultura na planta baixa da Casa de Cultura de Gondomar de 9:00 a 14:00 e no email [email protected].

O transporte cortesia do CDG, será gratuito, e a billeteira do espectáculo terá prezo amigo de 6 € persoa que se pagarán o mesmo sábado.

‘Terceiro Acto’

Dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, reúne un elenco de facianas moi coécidas para o público: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera y Eduardo R. ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

Actores e actrices intégranse nas personaxes, que son eles mesmos, para compartir co público a súa memoria, os seus soños e as suas emocións nunha viaxe apaixoante ao través das historias dunha parte viva do teatro en Galicia.