O Barbeira Season Fest é un dos poucos festivais do verán galego que resiste o bofetón do coronavirus. Os que aguantaron tiveron que reinventarse para adaptarse ás novas normas sanitarias e de convivencia e o Barbeira Season Fest, que se celebra en Baiona o próximo 19 de setembro, tamén.
A segunda edición do Barbeira Season Fest volve contar co apoio da cervexeira Mahou na súa aposta por impulsar experiencias únicas e encontros inesquecibles entre persoas que comparten a súa paixón pola música.
Para a organización, o máis complicado era buscar un lugar que se axustase á nova normativa. O ano pasado, o festival xa non puido celebrarse na praia que lle dá nome por mor dun temporal de vento e choiva pero resolveron ben o problema desprazando o evento á horta do Parador de Baiona. Un éxito. “Está claro que a praia de Barbeira resístesenos, pero ao final caerá”, comenta Isaac González, director do festival.

Pero atopárono. O próximo 19 de setembro, o Barbeira Season Fest celebrarase na Península de Santa Marta, “un lugar espectacular cunhas vistas únicas que son o mellor fondo de escenario de Galicia”, sinala González. De feito, confirmárono Claudia Rodríguez e Lara Sánchez, unha madrileña que se trouxeron da capital e unha galega festivaleira ás que convidaron a ver o novo emprazamento a modo de sorpresa. “Púxoselles a pel de galiña e esa é a mejo dos sinais”, di o director do evento. “Tiñamos claro que, a pesar de vernos na obrigación de cambiar de lugar, o novo emprazamento tiña que ser igual de singular que o do ano pasado. Somos un festival distinto, de público reducido, que queremos estar en contacto directo coa paisaxe. A fusión de música e natureza é o noso aceno de identidade. A Península de Santa Marta é un lugar único que nos permite seguir sendo diferentes”, finaliza Isaac González.
Últimas entradas a 35 €
Este venres póñense á venda as últimas entradas a 35 euros. A partir de aí, comeza o novo tramo de venda a 40 euros que estará limitado só a 100 persoas, debido á demanda de entradas que hai.
La la love you, Ortiga, Ginebras ou Lisasinson son algúns dos grupos confirmados que se subirán ao escenario da Península de Santa Marta o próximo 19 de setembro.
Barbeira Season Fest, que se celebrará contra todo prognóstico e está organizado pola promotora de eventos Elemental Street, conta co apoio do Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra, Mahou e o Centro Comercial Gran Vía de Vigo, que volve colaborar convidando a clientes e ao público que o ano pasado asistiu ao pase do documental sobre o festival e a charla co grupo La Habitación Roja.