Venres, 9 Maio de 2025

O Concello instala tres bancos para uso do alumnado no CPI Cova Terreña

A instalación deste mobiliario urbano, solicitada pola comunidade escolar, responde a intención do Goberno local de “colaborar cos centros educativos do municipio e tratar de dar resposta ás necesidades que nos formulen”, asegura o alcalde Carlos Gómez

O Concello de Baiona vén de rematar a instalación de tres bancos no CPI Cova Terreña dentro da liña de colaboración que o Goberno local mantén aberta con todos os colexios do municipio e que busca dar resposta “a todas a necesidades que nos formulen os centros educativos do municipio e dentro das posibilidades do propio Concello”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Os tres bancos, quedaron instalados no patio do Cova Terreña para uso do alumnado durante o tempo de recreo. Trátase “de tres elementos de polipropileno de alta calidade que, polas súas características, non precisa de mantemento”, explica o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.

O seu acabado antigrafitti, tornillería de aceiro inoxidable e gran robustez, fainos idóneos para o espazo de espallamento dos nenos e nenas do CPI Cova Terreña.