Sábado, 3 Maio de 2025

Chega o Samaín a Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, celebra o Samaín co espectáculo infantil “A Araña Matilda. Realmente dan medo todas as arañas?”  o vindeiro luns, 31 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal V Centenario.

Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha tarde “terrorífica”. Para festexar esta tradición celta, os máis pequenos tamén poderán  gozar  dun obradoiro temático. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.