Co obxectivo de mellorar a competitividade e eficiencia do comercio local, a Concellería de Comercio e Mercados do Concello de Baiona ofrece a un obradoiro de “Técnicas de Merchandissing en Espazos Comerciais”.
Esta iniciativa está orientada aos placeiros, comerciantes, empresariado…en definitiva, a todas aquelas persoas que estean interesadas en sacarlle o máximo partido ao seu negocio.
A sesión, que se realizará o vindeiro xoves 26 no Multiusos Ángel Bedriñana, é gratuíta e terá unha duración de dúas horas, empezando ás 18:00 h.
Durante a xornada, abordaranse temas como: o merchandising en lugares de venda como técnica para atraer a venda; O cliente: o seu comportamento no punto de venda; Principios básicos e elementos de implantación en espazo comercial (Xestión do espazo; Presentación, colocación e etiquetaxe do produto, produtos ganchos; Cor, luz, música, rendibilidade; Espazos:”Puntos quentes” e “Puntos fríos”).
Así mesmo, tamén se abordarán aspectos como a publicidade e animación no lugar de venda (Imaxe corporativa, escaparate, endicadores visuais, principais tipos de carteis), estratexia de Merchandising Visual do espazo e do produto; inventarios e seguimento con clientes ou desenvolvemento virtual aplicado ao pequeno comercio.
Desde a Concellería de Comercio e Mercados convídase a partir na actividade aos placeiros dos postos de mercado así como a todo o sector comercial da Vila.
As persoas interesadas en participar deben confirmar a súa asistencia enviando un email ao correo: [email protected].