Venres, 2 Maio de 2025

A ONG de Baiona “Ayuda al Mundo Necesitado” recibe 100 lotes da empresa CEAMSA

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Política Social, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiron este xoves a doazón de 100 lotes de Nadal da man do director de Recursos Humanos do a empresa Ceamsa, Jorge Trigo Somoza.

Os lotes repartíronse entre as familias sen recursos do municipio e usuarios do departamento de servizos sociais para celebrar estas datas tan especiais.

A responsabilidade social e o compromiso que demostran esta empresa e os seus responsables, entre o que se atopa o noso veciño baionés, Jorge Trigo Somoza, co seu pobo é elogiable e estamos enormemente agradecidos de que exista esta sinerxia” explica o alcalde, “Traballando da man podemos axudar máis a todos estes veciños que pasan momentos complicados e estou enormemente agradecido de que Baiona poida contar con isto”.
Ambos os representantes municipais estenderon este agradecemento á ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado” á súa presidenta, Juana Alonso, e a todas as persoas voluntarias que achegan o seu granito de area e que atenden botando unha man nas necesidades da ONG.