Xoves, 8 Maio de 2025

25 de mulleres de Baiona avanzan na súa dixitalización coa II edición de “Galegas Dixitais”

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que hoxe se clausurou no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.

O programa ofreceu un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, incluíuse un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

A acción formativa “Galegas Dixitais”, un programa de formación para a dixitalización das mulleres, coa que colaborou a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona. Desde a concellería xa se traballa para tentar por en marcha una nova edición desta formación a comezos do vindeiro ano do que se poderán beneficiar outras tantas veciñas do municipio.

O programa , organizado por Beproyect Consultores e Ara Formación, está  financiado polos Fondos europeos Next Generation EU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio de Educación e Educación Profesional. O principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situacion de desemprego ou en mellora de emprego . Preténdese favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero .

A formación estivo agrupada nos seguintes bloques temáticos:

  • Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
  • Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
  • Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración

O programa viuse desenvolvendo dende primeiros de febreiro de luns a venres  horario de 9:00 a 14:00 horas no centro cultural Angel Bedriñana. Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán por en práctica o aprendido.