26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondela«Xoves na horta do Pousadouro», unha iniciativa do Concello de Redondela

    «Xoves na horta do Pousadouro», unha iniciativa do Concello de Redondela

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, desenvolverá unha actividade encamiñada a poñer en valor tanto a horta ecolóxica existente no Pousadouro coma a súa apertura á cidadanía para que poidan coñecela e, ao mesmo tempo, iniciarsenas actividades produtivas sostibles e ecolóxicas.

    A iniciativa, como explica a alcaldesa Digna Rivas, «Xoves na horta do Pousadouro» “é unha actividade totalmente gratuíta dirixida a todas as franxas de idade, que se desenvolverá, como o seu propio nome indica, durante todos os xoves de agosto –de 18:30 h a 20 horase setembro –de 18 h a 19:30 horas– e que contarán coa asistencia dun educador/a ambiental capacitado/a para a revisión do cultivo ecolóxico.

    “É unha actividade dinámica, participativa, didáctica e, ao mesmo tempo divertida, xa que sobre o terreo se traballará na recollida de produción e tratamento e coidado da horta en grupos, seguindo as indicacións que dea o educador/a”, explica a alcaldesa de Redondela.

    Así, a actividade dará comezo na propia horta, onde se lles explicarán as diferentes especies cultivadas e os métodos de cultivo de cada unha delas. Iránse interpretando os métodos máis viables, os fertilizantes naturais utilizados e a importancia do produto de tempada e local, no conxunto de dar economía ao negocio local, importancia do autoconsumo, cultivar con calidade e a repercusión sobre a saúde que todo isto ten.

    Unha vez que remate a recollida, levarase a cabo un xogo de tarxetas, apto tanto para a infancia como para persoas adultas, onde deberán utilizar o aprendido para atopar as respostas e levar o premio que serán os propios produtos recolectados.

    “«Xoves na horta do Pousadouro» vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da horticultura ecolóxica xerando un contacto directo cos produtos recollidos e apreciar o autoconsumo sostible”, engade Digna Rivas.

    Para participar nesta actividade, non é precisa inscrición previa, polo que as persoas interesadas non terán máis que presentarse na finca do Pousadouro á hora de inicio da actividade. Para obter máis información, poden dirixirse á Oficina de Turismo situada na Casa do Concello ou a través do enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.