19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela recupera a tradición do magosto

    Redondela recupera a tradición do magosto

    O 5 de novembro o Concello de Redondela devolve o magosto á Alameda de Castelao onde haberá xogos populares, grupos de baile, concertos e unha recaudación de fondos solidaria para a asociación ANDAINA.

    O Concello de Redondela celebra o Magosto o día 5 de novembro na Alameda de Castelao. As actividades comezarán ás 17 horas e haberá un total de 32 xogos populares diferentes entre os que se atopan, trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois ou labirintos que estarán baixo a supervisión de monitores/as da asociación A Madana.

    “A Madana é unha entidade que se encarga de recuperar os xogos populares que tanto sigularizan as festas e celebracións galegas. Unha aposta pola tradición que o Concello de Redondela apoia de forma activa”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

    “Este magosto é unha novidade para os veciños e veciñas de Redondela, xa que fai décadas que non se celebracun encontro desta magnitude no centro da Vila. Este tipo de iniciativas teñen a intención de devolver a tradición e a cultura popular, unha das políticas máis importantes deste goberno”, engade Rivas.

    As actividades están pensadas para as familias e para todas as idades, dende os máis cativos aos máis maiores”, conta a alcaldesa que explica que, a maiores dos xogos populares, o grupo de baile e gaita ‘Airiños de San Simón’ amenizará a velada de 17 h a 18:30 horas, cando dará comezo o concerto do grupo Carapaus. As 20 horas rematan os xogos e comeza o concerto do grupo Caamaño & Ameixeiras.

    Este ano o Magosto de Redondela únese a unha causa solidaria. Durante o evento ANDAINA (Asociación de persoas con diversidade funcional de Redondela) en colaboración co Concello recaudarán fondos para recuperar o material roubado ao colectivo en xuño. “Sempre estamos dispostos a colaborar. O Magosto é unha festa popular, dedicada aos veciños e veciñas de Redondela, que mellor oportunidade que esta para solidarizarse e unirse por unha boa causa”, conta Digna Rivas.

    Castañas e recadacíon de fondos

    As castañas (un total de 150 quilos) serán de balde, cortesía do Concello de Redondela. Nos asadores repartiránse conos cheos e a axente poderá facer unha doazon ao recollelo. “A recaudación farase a través dos postos de castañas, no que se poderá facer una doazon voluntaria que irá integramente á asociación Andaina”, explica a alcaldesa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.