Sábado, 3 Maio de 2025

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis ‘estáticas’

Música, xogos e actividades na Praza da Constitución de Redondela e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela para que rapazas e rapaces poidan facer a súa particular festa de despedida do 2021

Redondela e Chapela celebrarán, o día 5 de xaneiro do 2022 coa finalidade que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal, a chegada dos Reis Magos. Seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, as cabalgatas adoptarán o formato de actividades estáticas.

En Redondela, os Magos de Oriente estarán no Campo da Feira mentres que en Chapela compartirán un tempo cos nenos e nenas na Alameda Rosalía de Castro. En ámbolos dous casos o horario será de 11 h a 14:30 horas e de 16 h a 20:30 horas.

Para garantir a seguridade sanitaria dos e das máis pequenas, o Concello vén de establecer un estrito protocolo de seguridade, con sinalización da ruta de entrada e saída, vixilancia da distancia de seguridade e o recordatorio da obrigatoriedade de levar a máscara de protección.