20.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Goberno de Redondela e as ANPAS cualifican de “temerario” o protocolo...

    O Goberno de Redondela e as ANPAS cualifican de “temerario” o protocolo proposto pola Xunta para o vindeiro curso escolar

    A alcaldesa de Redondela Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, mantiveron unha xuntanza con representantes das ANPAS esixir un protocolo “digno e negociado”

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, mantiveron onte, na Casa do Concello, unha xuntanza coas ANPAS do municipio para analizar polo miúdo a grave situación que se producirá no caso de que a Xunta de Galicia manteña o protocolo anunciado para o vindeiro curso escolar “que non garante nin as medidas de distanciamento obrigatorias, nin rebaixar o ratio nas aulas nin reforzar o persoa docente”.

    Tanto as ANPAS como a alcaldesa e a concelleira aseguraron que dito protocolo é, “cando menos, temerario” xa que nel non se contemplan as máis elementais medidas de seguridade sanitaria para o alumnado”.

    De feito a Xunta non ten previsto ningunha medida para regular a ratio de alumnos por grupo e clase “que permitiría o distanciamento de seguridade que é unha medida que se esixe ao resto da sociedade en calquera lugar e circunstancia”, explico a concelleira de Ensino.

    Olga García, apuntou a necesidade de que a administración educativa “poña en marcha, de xeito urxente, unha reforma tecnolóxica de cara a un posible novo confinamento” e que de darse esa situación “a responsabilidade non caia novamente sobre os concellos asumindo unha competencia que non é súa e que supón un enorme esforzo económico”.

    “Un protocolo deste calibre e que afecta á seguridade dos nosos nenos e nenas –sinalou a alcaldesa Digna Rivas– ten que ser digno e negociado” polo que considera absolutamente lamentable que “a administración educativa non escoita nin informa non só ao Concello, senón tamén ás nais e pais e ao profesorado”.

    A alcaldesa informou ás ANPAS que o Concello “leva meses pedindo de xeito insistente” unha reunión urxente tanto co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares como co xefe territorial Mobilidade sen que “nin tan sequera haxa a mínima cortesía institucional de contestar aos requirimentos”.

    Digna Rivas, que no día de onte solicitou unha nova reunión coa Xunta de Galicia e asegurou que o Concello adoptará todas as medidas necesarias para garantir a seguridade dos nosos nenos e nenas e defender os intereses da veciñanza de Redondela”.

    Finalmente, a concelleira de Ensino destacou a importancia dunha reunión co xefe territorial de Mobilidade para esixirlle a necesidade de investir en transporte escolar en lugar “de optar pola medida máis doada que é deixar a nenos e nenas fora do servizo”, explica Olga García.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.