19.5 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela pide a colaboración cidadá para rematar cos actos...

    O Concello de Redondela pide a colaboración cidadá para rematar cos actos vandálicos contra os parques infantís e mobiliario urbano

    O Concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, presentou denuncia das pintadas que persoa ou persoas descoñecidas realizaron na área infantil de Vilar do Mato, en Ventosela

    O Concelleiro de Parques e Xardíns do Concello de Redondela, Alberto Álvarez, presentou o pasado 23 de marzo unha denuncia ante a Policía Nacional dando conta cos actos vandalismo dos que fora obxecto a área infantil de Vilar do Mato, na parroquia de Ventosela e descubertos, segundo figura na denuncia “no decurso dunha inspección rutineira do estado do parque”.

    Pintadas no parque de Vilar do Mato, Ventosela

    En concreto, na denuncia explicase que no antedito parque, puidéronse comprobar pintadas en elementos multixogo, con diferentes nomes a modo de sinatura, sendo a máis lexible a de ‘Peco’. O Concelleiro asegura que o acto vandálico detectado en Vilar do Mato “non é un caso illado” xa que lamentablemente, afirma Alberto Álvarez, xa que este tipo “de actuacións incívicas e que danan o que é patrimonio de todas e todos os redondeláns” non só se están a dar nos parques infantís “senón que tamén prodúcense sobre o mobiliario urbano”.

    A maiores da denuncia presentada por Alberto Álvarez como concelleiro, a alcaldesa Digna Rivas fixo un chamamento “á colaboración veciñal” á hora de denunciar estes actos “que supoñen un prexuízo económico que repercute no peto de todos e cada un de nós”.

    O mobiliario urbano, os parques e xardíns, as áreas infantís e os espazos públicos “son un patrimonio de todos e cada un de nós como veciñas e veciños do municipio”. Así, engade a alcaldesa, “o dano que fagan a estas zonas persoas carentes do máis mínimo civismo, é un dano que se está a facer ao conxunto da veciñanza”.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS