Sábado, 3 Maio de 2025

O Campito de Chapela, escenario da «Batalla de Galos»

A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela, que xestiona Nacho González, celebrará este sábado 28 unha ‘Batalla de Galos, un evento novedoso dirixido especialmente á mocidade, pero apto para todas as idades.

Trátase dunha iniciativa relacionada co movemento urbano que terá comezo ás 16:30 horas no lugar Campito de Chapela (baixada a Pescanova), que contará con distintas actividades artísticas coma a ‘batalla de galos’ propiamente dita, unha exhibición de graffiteros e Djs que amenizarán a xornada.

A batalla de galos realízase grazas a colaboración de mozos e mozas que forman parte da chamada ChapelaFreestyle, e estará regulado por un xurado formado por 3 integrantes. No mesmo poderán participar tódalas persoas inscritas e que, nesta primeira edición, xa son máis de 40.