9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaCinco novos auxiliares incorpóranse á policía local de Redondela

    Cinco novos auxiliares incorpóranse á policía local de Redondela

    O Goberno de Redondela subliña o importante esforzo que se está a facer en materia de seguridade ao ter contratado, no que vai de ano, a 9 auxiliares de Policía

    A alcaldesa Digna Rivas recibiu onte na Casa do Concello de Redondela novos auxiliares de Policía Local así como aos axentes que estaban en prácticas e que, unha vez rematadas estas incorpóranse ao seu posto.

    Rivas subliñou o “importante esforzo económico” que estas contratacións supoñen e que amosan claramente “a aposta deste Goberno pola seguridade dos veciños e veciñas e dos seus bens”.

    Amais dos cinco auxiliares, o pasado día 11 reincorporábanse 6 axentes que estaban realizando as súas prácticas e que permanecerán en activo ata o 30 de agosto, momento en que voltarán a Academia Galega de Seguridade Pública para completar a súa formación e reincorporarse definitivamente ao cadro de persoal da Policía Local de Redondela o día 30 de novembro.

    A incorporación destes efectivos supón, segundo o Goberno local, “un reforzo á hora de controlar o cumprimento das medidas de seguridade da COVID-19” e, nese sentido, a alcaldesa de Redondela fixo un chamamento á Xunta “á hora de ser solidaria cos concellos e subvencionar as contratacións en materia de seguridade como medio de loitar contra a pandemia que nos afecta”.

    Durante o confinamento e o estado de alarma, lembrou Rivas, “os concellos fixemos esforzos extraordinarios para protexer e dar servizo aos nosos veciños e veciñas, algúns deles competencia da Xunta, polo que non estaría demais que esta amosase o seu agradecemento axudando ás administracións locais”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.