Domingo, 4 Maio de 2025

Chapela impónse a Redondela na «Batalla de galos»

Despois de tres horas de ‘combate’, o grupo de Chapela impúxose ao de Redondela na ‘Batalla de Galos’ organizada pola Concellería de Xuventude que xestiona Nacho González e no que participaron mozas e mozos de Redondela e Chapela. O ‘combate’ estivo regulado por un xurado composto por tres integrantes que velaron, en todo momento, por unha competición limpa e respectuosa.

As batallas de galos están baseadas na capacidade para improvisar nun combate verbal entre dous o máis participantes co obxectivo, mediante rimas, superar ao seu contrincante.

No evento, celebrado no parque de skatepark de Redondela, realizáronse distintas actividades artísticas coma exhibición de graffiteros e DJs que amenizaron unha xornada que tivo unha moi boa acollida por parte do público.

Un dos muros do pavillón da Marisma foi o lenzo onde os/as graffiteros/as plasmaron a súa obra, que xa forma parte do arte urbano de Redondela.

Nesa liña, o Goberno redondelán amosou o seu compromiso por seguir fomentando este este movemento urbano. A alcaldesa Digna Rivas aseguraba que é “imprescindible apostar pola cultura urbana e o arte do graffiti como un dos xeitos de poñer fin ao feismo do formigón en muros e fachadas”.

O Concello de Redondela agasallou aos equipos participantes recibiron un trofeo e unhas camisetas conmemorativas.