Sábado, 3 Maio de 2025

Asociación de Empresarios de Redondela e EEI A Marisma únense nunha iniciativa para incentivar as compras no mercado local

Sempre é un bo momento para sensibilizar sobre a importancia do consumo no comercio local, pero si compre, no Nadal aínda mais e así votou a andar unha colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela e a Escola de Educación Infantil A Marisma na que participaron 108 nenos e nenas do centro educativo.

A iniciativa consistiu na elaboración de 7 grandes creacións gráficas con slogans sobre o consumo no comercio local. A carteleria está a ser distribuída pola Asociación de empresarios de Redondela por todos os negocios da localidade.

O slogan «No Nadal compra no noso comercio local» conta cunha insignia propia que foi entregada onte, nun pequeno acto desenvolvido, no centro educativo aos nenos en chapas que os fai portadoras da mensaxe creada por eles mesmos.