Domingo, 4 Maio de 2025

As Bibliotecas de Redondela animan aos nenos e nenas a participar no concurso ‘Un poema na túa voz’

A iniciativa da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), modificou as bases do concurso para que a rapazada poida participar nel dende as súas casas

As Bibliotecas de Redondela lembran aos nenos e nenas que aínda poden participar no concurso ‘Un poema na túa voz’ organizado por Gálix, e dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos.

A situación de confinamento provocada pola crise sanitaria mundial do COVID-19, fixo que Gálix modificase as bases do concurso para que, os nenos e nenas poidan participar dende as súas casas.

So teñen que facer unha grabación da lectura dun poema en galego e remitila ao enderezo de correo electrónico [email protected]. As bases do concurso, pódense consultar nesga ligazón. O prazo límite para a presentación dos traballos será o xoves 9 de abril.