Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o seu programa “A Biblioteca Viaxeira” a través do programa ler conta moito, co fin de achegar a todas as parroquias actividades dinamizadoras da lectura.
O programa deste ano arranca o próximo 21 de setembro na Biblioteca Municipal e visitará Porto, Pesqueiras, Fornelos e Lira.
Todos os interesados en participar so tedes que apuntarvos no 637 108 343 ou no correo [email protected].