14.8 C
Pontevedra
Domingo, 5 de Maio de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoTeatro na biblioteca de Salvaterra

    Teatro na biblioteca de Salvaterra

    O vindeiro día, 4 de xullo, a biblioteca de Salvaterra de Miño contará cun espectáculo teatral.

    A actividade, subvencionada pola Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do Día das Letras Galegas adicada este ano ó fundador da Editorial Galaxia Francisco Fernández del Riego, será o martes a partir das 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.

    A compañía Polo Correo do Vento será a encargada de animar ó público con este espectáculo teatral de ilustración e narrativa para toda a familia. A través da pintura contarán e ilustrarán un conto do homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.