Sábado, 3 Maio de 2025

Salvaterra reparte trampas contra a vespa velutina

Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a plaga da vespa velutina.

Esta época do ano, é o momento de empezar co trampeo das raíñas, xa  que con un simple xesto, o de colocar unha trampa, pódese facer moito. Por este motivo, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá trampas e doses  de líquido atraínte entre os habitantes da vila.

É moi importante que toda a veciñanza actúe para intentar frear a proliferación da vespa velutina que afecta, dun xeito moi severo, á biodiversidade.

Todas as persoas interesadas poderán pasar pola Casa do Concello a recoller a súa trampa  e a dose de líquido.