8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra denuncia ante a Garda Civil unha sabotaxe na captación de auga...

    Salvaterra denuncia ante a Garda Civil unha sabotaxe na captación de auga potable de Ponte Cordeiro

    Esta mañá, o Concello de Salvaterra de Miño denunciaba formalmente ante a Garda Civil de Salvaterra uns actos vandálicos no Ponte Cordeiro que produciron un problema moi grave na captación de auga potable que da servizo ao municipio.

    Na noite do 16 ao 17 de novembro empezamos a ter  problemas de caudal na entrada de auga do río ao pozo de bombeo, supostamente por atasco. Nese intre fíxose unha inspección e posteriormente para darlle solución ao problema chamouse a unha empresa especializada,  introducindo mangueiras de desatranco entre o río e o pozo de bombeo (traballo que durou ata ás 18.00h), aparecendo unha rede semirríxida no interior das tubarias. A continuación chamouse a Medio Ambiente e a Garda Civil, xa que non hai forma de que entre no sistema se non é coa apertura voluntaria da trampilla de acceso á zona de captación, co cal tratábase dun sabotaxe ao sistema de abastecemento, que produciu que baixara o caudal e que unha parte do Concello quedara sen auga dende ás 12.00h do xoves ata hoxe pola mañá (que se recuperou o nivel de auga).

    Ante esta situación hoxe pola mañá formalizouse a denuncia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.