Sábado, 3 Maio de 2025

Salvaterra de Miño presenta a súa programación ‘Verán Cultural 2021’

A acaldesa de Salvaterra de Miño ven de facer pública a programación que se deseñou por parte do Concello para o mes de agosto, unha programación axustada aos protocolos COVID, baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’.

Marta Valcárcel lembra que non se pode esquecer “que seguimos nunha situación sanitaria complicada, un ano máis diferente pero onde primamos a seguridade, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, adaptando a programación á nova situación que estamos a vivir, unha programación diferente á que estamos acostumados, pero que segue na mesma liña de traballo”.

Dende o Concello traballouse arreo para ofrecer unha programación “variada e con toda a seguridade que esixe da nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia”.

Cinema,  teatro, deporte e música terán ou seu espazo, utilizando como lugar central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estrito de aforo. Ademais como medidas de seguridade, o público deberá asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con máscara e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto. Como tódolos anos a Festa do Viño do Condado do Tea, será a encargada de pechar a programación.

Verán Cultural 2021

  • Venres 6 de agosto.
    • Cine Infantil ‘As mascotas da Raíña’.
  • Sábado 7 de agosto.
    • Concerto da Banda de Música Popular de Tui.
  • Domingo 8 de agosto.
    • Ruta deportiva, roteiro máis kaiak.
  • Martes 10 agosto.
    • Festividade de San Lourenzo. Concerto da Banda de Música de Salvaterra de Miño.
  • Xoves 12 de agosto
    • Cine na rúa ‘Queen’.
  • Venres 13 de agosto.
    • Cine na rúa ‘Perdendo o este’.
  • Sábado 14 de agosto.
    • Concerto de Erea Castro.
  • Xoves 19 de agosto.
    • Concerto infantil ‘Pakolas.’
  • Venres 20 de agosto.
    • Cine infantil. ‘O neno que puido ser rei’
  • Sábado 21 de agosto.
    • L Descenso Internacional  e concerto de Néstor Antonio Barros e Ialma
  • Xoves 26 de agosto.
    • Teatro Comedia Fulano, Mengano e Citano.
  • Venres 27, sábado 28 e domingo 29 de agosto.
    • LXII Festa do Viño do Condado do Tea – Túnel do Viño, visitas ás adegas e catas comentadas.
    • Concerto Banda Crebinsky.
  • Sábado 28
    • Concerto Susana Seivane.