11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño prepara actividades con motivo do Día das Letras Galegas

    Salvaterra de Miño prepara actividades con motivo do Día das Letras Galegas

    Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza a través da Biblioteca Municipal unha actividade para os máis cativos, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado.

    A través dun divertido xogo por equipos os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado

    A actividade realizarase o próximo mércores 18 de maio ás 18.00 horas no recinto Amurallado. Para participar recomendase inscribirse no teléfono 637 108 343 ou no correo biblioteca@concellodesalvaterra.org.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.