O Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar un concurso para pequenos “e non tan pequenos” e que terá as redes como protagonista xa que, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, “a actual situación sanitaria na que nos atopamos fai imposible a realización das actividades que, tradicionalmente se desenvolvían nos últimos anos, como o Roteiro Nocturno do Samaín ou as actividades para as mais cativas o cativos”.
Así pois, neste Samaín tan atípico, sinala a alcaldesa de Salvaterra de Miño, “o Concello quere poñerlle un pouco de ilusión a esta data, e para iso convocamos un concurso, para pequenos e non tan pequenos”.
Para participar, veciñas e veciños –independentemente da súa idade– non teñen máis que enviar o día 31 de oubutro unha foto caraterizados con algo que teña que ver co Samaín ou dunha cabaza decorada ao enderezo de correo electrónico [email protected]
A foto que máis “me gusta” teña no Facebook, recibirá un agasallo. O Concello poñerase en contacto co gañador ou gañadora a través do Facebook.