Sábado, 3 Maio de 2025

Salvaterra aproba as axudas libros e material escolar de infantil para o curso 2021/2022

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou, en Xunta de Goberno, as axudas para libros e material escolar de infantil, axudas de 75 euros que teñen o obxectivo de promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte os gastos derivados da escolarización dos seus fillos.

As axudas destinanse, polo tanto, á adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2021, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09:00 h a 14:00 h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com